18.7.11

PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO.

Recentemente probei dous novos productos que xa non son ningunha novidade no mercado pero que ata agora non tivera a oportunidade de facelo.

O primeiro en pasar polo banco de probas foi o barniz mate de Model Air co cal quedei gratamente sorprendido. ¡Por fín consigo un barniz verdadeiramente mate!
Aquí podedes ver o resultado da sua aplicación na parte inferior do Manshu Ki-79a.




Pero antes de nada unhas probas sobre superficies pintadas en brillo e mate de algunhas maquetas que estaban no desguace, para ver os resultados antes de aplicalo sobre a maqueta.
Está mezclado co disolvente de Model Air a partes iguais na copa do aerógrafo con axuda dun pincel.


Despois tocoulle o turno a imprimación acrílica de Vallejo, que xa tiña dende fai un tempo no taller pero que non puden probar a gusto por falta de tempo. Como tiña que pintar unha figura para o Manshu pois dinlle unha capa de imprimación a esta en resina a 1/72 de CMK.




Quixen mercar a gris, pero neste caso a imprimación é a branca por ser a que tiñan na tenda en ese momento. Pero quedou solucionado o tono da imprimación engadindo unha pequena parte de negro de Model Air. Tamén están mezcladas directamente na copa do aerógrafo e como único disolvente unha pequena cantidade de auga que collín co pincel.
Moi boa fixación sobre a superficie deixando unha capa uniforme para comenzar a pintar.




   


2 comentarios:

  1. Interesante lo del barniz. No tengo buenas experiencias con los barnices acrílicos, me parecen un poco "débiles". Yo para las figuras uso el barniz para madera de Titán. Queda mate, mate. El problema es que en colores claros amarillea. Leí por algún lado que hay un barniz artíatico, creo que de Talens, que va bien.

    ResponderEliminar
  2. O barniz para madeira é o que ten. Co paso do tempo ponse amarelo.
    Tamén tes o barniz Opal de Titan para cuadros. Falan moi ben del, pero eu non o probei xa que procuro escapar de todos os productos nos que teña que empregar aguarrás ou similares para mezclar ou diluir.

    ResponderEliminar

Me 163B Komet (wood wings)

  Me 163B Komet (alas de madera). The latest issue of The Weathering Aircraft magazine features the process I carried out to simulate the w...