Entradas

Mostrando entradas de abril, 2011

REMATADO O CONCURSO...

Imagen
...toca facer memoria e extraer todas aquelas datos, detalles e anécdotas acontecidas nesta edición e que xa forman parte da historia dos concursos celebrados polo Centro Cultural Escala. No que a min respecta este certamen pasou sin pena nin gloria, como unha rutina, como si estas datas implicaran máis unha obligación ou un deber que un bo momento para disfrutar cos compañeiros. Razóns de motivo persoal e familiar fixeron que non rematara de conectar co concurso e poder disfrutar como en edicións anteriores. Este ano a cousa non estivo mal e non nos podemos queixar para os tempos que “dín que corren”. 255 obras, entre concurso e exposición, presentáronse para disfrute de todos os que se   arrimaron polo Forum. Quedamos un pouso lonxe da cifra do ano anterior. É que o 2010 deixou o   listón moi, moi alto tanto en número de obras coma na calidade das mesmas. Como é costume tivemos concursantes distantes no espacio, pero en número menor que en outras edicións, salientando a partici

¡¡¡ATENCIÓN!!!

Imagen
Está a punto de comezar o XIV Certamen Internacional de Modelismo Escala. Este xoves, día 21 de Abril, abrimos o concurso de modelismo coa recepción de obras no Forum Metropolitano de A Coruña. Podedes entregar as vosas maquetas durante o día do xoves ou o venres pola mañán. A exposición o público das obras presentadas terá lugar o venres pola tarde e todo o día do sábado. Lembrade que a entrega de premios celebrarase o sábado pola mañán. Un ano máis a organización fixo un gran traballo e ten postas moitas ilusións nesta nova edición  para  que sexa todo un éxito de participantes e público. ¡¡Vémonos en Escala!!

MANSHU Ki-79a DESPOIS DOS ÓLEOS.

Imagen
Despois dunhas sesións de óleos aquí está o resultado.  O tono empregado foi unha mistura de siena tostada e negro, ambos de Titán, predominando o siena para a parte inferior e o negro para as superficies superiores. Diluidos con disolvente de Humbrol para esmaltes en duas proporciones diferentes, ademáis de dispoñer de unha pequeña cantidade de disolvente limpo para retocar ou retirar os excesos.

DODGE WC 51 EN FEGACLASIC

Imagen
Durante a edición deste ano de Fegaclasic puden disfrutar da presencia dun Dodge WC 51, un clásico dos vehículos aliados na II Guerra Mundial, que forma parte da colección privada de Manuel Arenas da cidade de A Coruña. Ver máis imaxes de Dodge WC 51

V EDICIÓN FEGACLASIC

Imagen
Os pasados días 2 e 3 de abril celebrouse en Pontecesures, Pontevedra, a V edición da feira galega dos profesionais e afeccionados ao vehículo clásico e antigo organizada pola Asociación Cultural Mirándolle os Dentes. Ver máis imaxes de Fegaclasic