Entradas

Mostrando entradas de julio, 2011

Manshu Ki-79a

Imagen
Proxecto rematado.

ARTIGO DO PANZER III L EN PANZER ACES

Imagen
No número 36 da revista Panzer Aces podedes atopar novamente un artigo donde explico  o proceso de montaxe e pintura do Panzer III L de Revell a escala 1/72. Dende aquí quero dar as gracias a todas as persoas que fan posible esta revista por darme de novo esta oportunidade. Ver contido Panzer Aces nº36

PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO.

Imagen
Recentemente probei dous novos productos que xa non son ningunha novidade no mercado pero que ata agora non tivera a oportunidade de facelo. O primeiro en pasar polo banco de probas foi o barniz mate de Model Air co cal quedei gratamente sorprendido. ¡Por fín consigo un barniz verdadeiramente mate! Aquí podedes ver o resultado da sua aplicación na parte inferior do Manshu Ki-79a. Pero antes de nada unhas probas sobre superficies pintadas en brillo e mate de algunhas maquetas que estaban no desguace, para ver os resultados antes de aplicalo sobre a maqueta. Está mezclado co disolvente de Model Air a partes iguais na copa do aerógrafo con axuda dun pincel. Despois tocoulle o turno a imprimación acrílica de Vallejo, que xa tiña dende fai un tempo no taller pero que non puden probar a gusto por falta de tempo. Como tiña que pintar unha figura para o Manshu pois dinlle unha capa de imprimación a esta en resina a 1/72 de CMK. Quixen mercar a gris, pero neste caso a imprimación é a

ESPIMODEL 2011

Imagen
Coincidindo  co seu 10º aniversario, o Núcleo de Modelismo de Espinho celebra a IX Edición de ESPIMODEL, tendo lugar entre o 3 e 11 de setembro de 2011 no Salão de Exposições da Junta de Freguesia de Espinho.   Como xa é costume ESPIMODEL 2011 ten dous períodos distintos dedicados ao modelismo:  a Exposición, do 3 o 11 de setembro e o Concurso nos días 10 e 11 de setembro. Máis información

ARTIGO DO PANZER III L EN 135

Imagen
Acaba de sair o número 5 da revista 135 no que aparece o meu segundo artigo nunha publicación, onde explico o proceso de montaxe e pintura do Panzer III L de Revell a escala 1/72. Dende aquí quero dar as gracias a todas as persoas que fan posible esta revista por darme de novo esta oportunidade.                                                            Contido 135 nº5

¡RECORDADE!

Imagen
Xa estamos en xullo e en poucos días celebrarase o VI CONCURSO-EXPOSICIÓN DE MODELISMO A.M. CELTA que terá lugar os días 22, 23 e 24 de Xullo no Edificio Multiusos "A Xunqueira" de Redondela, Pontevedra. Unha boa oportunidade para vernos de novo e para disfrutar das maquetas, ademais que poucas veces pode un participar nun concurso de modelismo que está tan preto da casa.                                                                                       Máis información.