17.3.11

GALERÍA PERSOAL

¡Xa era hora!

Por fín esta actualizada a galería despois de engadir as imaxes do P40.
Por unha cousa ou por outra non aparecía o momento oportuno para poder facer unas poucas fotos.

As imaxes están organizadas por orde cronolóxico e podedes atopar as pezas que teño rematadas dende o Jeep SAS ala polo ano ¿87? ata o Panzer III do ano 2010.
Non é moi extensa pero é o que hai.
Polo camiño quedaron invertidas moitas horas en maquetas en distintas fases de construcción. Están todas conservadas esperando o momento de gracia para retomar o traballo. A verdade é que tamén podería facer una galería cos traballos en proceso.
Tamén existiron momentos de sequía modelística motivados por falta de interés ou por estar adicado a outras cousas.
A cousa cambiou cando me dixo o meu compañeiro Tomás "- no tienes c.....s a terminar una maqueta para Escala" referíndose o concurso que celebramos en Semana Santa. Estas palabras soaron dentro de mín coma un lostregazo e despertaron as miñas ansias por montar maquetas, retomando o traballo co Bf 109E.

Espero que esta motivación siga por moito tempo e poida engadir máis traballos para que vai medrando a galería.  



                                      VER GALERÍA



                                 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Me 163B Komet (wood wings)

  Me 163B Komet (alas de madera). The latest issue of The Weathering Aircraft magazine features the process I carried out to simulate the w...