DERRADEIROS PASOS DE MONTAXE:
Retiro as rodas que veñen integradas nas cadeas e separo a parte inferior destas cortando na unión coa roda tractora e tensora. Esto permíteme facer un “surco” entre os dentes da cadea donde xiran as rodas.
Detallo a roda tensora para transformarla nun modelo inicial. O primeiro é practicar os cinco orificios con axuda dunha plantilla que me permita repetir o proceso na segunda roda. Remato engadindo os cinco nervios con unhas tiras finas de plástico.
Nesta imaxen pódese apreciar como ven reproducido o interior das cadeas.
Pego a parte inferior das cadeas, presento o conxunto sobre o carro e engado os conxuntos formados polas rodas pegando estas á parte interior das cadeas con loctite.
Imaxes do montaxe rematado e listo para pintar.