31.3.14

ACES HIGH, nova revista

En breve teremos no mercado unha nova revista española de modelismo especializada en aviación.
Está publicada por Ak Interactive e ten como responsable a Daniel Zamarbide.
O primeiro número está adicado a caza nocturna alemana na Segunda Guerra Mundial.
Espero poñer pronto máis novidades sobre esta nova publicación.






27.3.14

Bf 110G-2, Eduard 1/48

Maqueta rematada a finais de novembro, e que formará parte do especial grandes batallas adicado a Kursk de Euro Modelismo.

Foto Tomás de la Fuente

Foto Tomás de la Fuente

Foto Tomás de la Fuente

Foto Tomás de la Fuente

Dende aquí quero dar as gracias a Euro Modelismo e a Javier López de Anca por contar de novo comigo, e a Tomás de la Fuente polo seu apoio, consellos e ánimos, que non foron poucos.

Impresionante visión de cabinas

Atopado no Brewster Buffalo Forum, este enlace de unha páxina finlándesa de avións de combate permítenos ter unha visíón de 360º do interior da cabina de varios aparatos, entre eles o Brewster Model 239 (BW-372).
Hai que pinchar na imaxe de cada avíón, aparece o interior e temos que facela rotar.

¡Impresionante!

http://www.jamiflyin.com/mitamissamilloin/warbirds360


16.3.14

Yahu, paneles de instrumentos a 1/72

Yahu é unha marca polaca especializada nos paneles de instrumentos na escala 1/72, e supen da sua existencia por unha entrada publicada no blog Aviatión of Japan
http://www.aviationofjapan.com/2014/03/yahu-juststick-172-instrument-panels.html

No seu catálogo aparecen principalmente os paneles listos para montar na maqueta, ensamblados e pintados como si foran os fotograbados prepintados pero coa particularidade de que aforramos o traballo de montaxe, tan delicada nestas pezas pequenas e máis sendo a 1/72.

Tamén aparecen catro referencias para montar nós mesmos e dous con accesorios en fotograbado e mascarillas.
Non é unha catálogo moi extenso pero merece a pena velo.



Me 163B Komet (wood wings)

  Me 163B Komet (alas de madera). The latest issue of The Weathering Aircraft magazine features the process I carried out to simulate the w...