¿Dónde comprar? / Where to buy?

viernes, 4 de enero de 2019

III Modelcocido 2019

A primeira actividade modelística do ano en Galicia terá lugar o vindeiro 10 de febreiro en Redondela, Pontevedra, coa terceira edición do Modelcocido organizada polos compañeiros da Asociación de Modelismo Celta, que como xa é costume celebrarase na Casa da Xuventude.

O obxetivo da mesma  é a xuntanza dos maquetistas para falar, compartir experiencias e ideas, mostrar os seus traballos iniciados, rematados, futuros proxectos, ou traer as ferramentas para traballar no local que terá dispostas mesas, cadeiras e flexos para tal fin.
Comezará ás 10:30 da mañá, e ó mediodía farase a correspondente parada para degustar o tradicional cocido nun local da vila, retomando a actividade pola tarde.

Pecharase a actividade coa entrega dun trofeo á mellor maqueta ou proxecto, sin distinción de escala ou temática.

Os interesados podedes poñervos en contacto coa asociación a través do correo electrónico modelismocelta@gmail.com ou por Facebook en Modelismo Celta.


Xa sabedes, o 10 de febreiro tendes dous bos motivos para ir a Redondela, as maquetas e o cocido.



No hay comentarios:

Publicar un comentario