¿Dónde comprar? / Where to buy?

miércoles, 25 de mayo de 2011

GRUPO DE INTERÉS ESPECIAL CIM ESCALA 2012

 F-4 Phantom II

En colaboración con Maquetasdeplastico.com


 
 
Por Juan Manuel Villegas Castro:
 
Grupo de Especial interés del CIM 2012 en la categoría de Aviación.

El avión será el F-4 Phantom, como siempre en cualquier variante y escala.

La elección se ha hecho intentado aprovechar el tirón del grupo creado en maquetasdeplastico.com y que la gente se anime a participar en el concurso del año próximo.

El link al grupo de trabajo es este:http://www.maquetasdeplastico.com/foro/index.php?board=52.0
En él podéis ver las maquetas que ya están en proceso así como la documentación y fotos que se han reunido. En principio sólo los usuarios registrados en el foro y participantes en el grupo pueden acceder a él y a la sección de documentación.

Si alguien quiere participar activamente en el grupo, le animo a que se registre normalmente y presente su maqueta en el hilo "Creación Grupo de trabajo F-4 Phantom" donde ya se le dará acceso completo al Grupo y al foro.
Además del premio que se decida durante el concurso presencial en A Coruña, el CC Escala premiará también al mejor Phantom que se publique en el Grupo de Trabajo de MDP.

Nada más, sólo me queda animaros a participar en el grupo de MDP y a ver si logramos reunir un buen número de Phantoms el año próximo.
Quiero también dar las gracias a los Administradores de MDP y a la directiva de Escala por la iniciativa, esperemos que sea la primera de muchas.

Un saludo a todos.

miércoles, 18 de mayo de 2011

HOTCHKISS H35, MONTAXE REMATADO.




DERRADEIROS PASOS DE MONTAXE:

Retiro as rodas que veñen integradas nas cadeas e separo a parte inferior destas cortando na unión coa roda tractora e tensora. Esto permíteme facer un “surco” entre os dentes da cadea donde xiran as rodas.



Detallo a roda tensora para transformarla nun modelo inicial. O primeiro é practicar  os cinco orificios con axuda dunha plantilla que me permita repetir o proceso na segunda roda. Remato engadindo os cinco nervios con unhas tiras finas de plástico.




Nesta imaxen pódese apreciar como ven reproducido o interior das cadeas.



Pego a parte inferior das cadeas, presento o conxunto sobre o carro e engado os conxuntos formados polas rodas pegando estas á parte interior das cadeas con loctite.



Imaxes do montaxe rematado e listo para pintar.






domingo, 15 de mayo de 2011

DOCUMENTACIÓN.

Doulle moita importancia a documentación en forma de libros e revistas. Tanto é así que invirto máis en documentarme que na compra de novas maquetas e accesorios.
Sempre que o tempo mo permite e fago algunha saida de “compras” visito librerías e papelerías que actualizan con novidades os apartados que me interesan. E dentro das tendas que visitan os concursos teño máis preferencia polo papel que polo plástico.

No pasado concurso de Escala sumei un novo volumen a miña biblioteca, mercándolle a Big Cat Modelismo o libro Polish Tracks and Wheels nº1 - French Tanks in the Polish Army, do historiador polaco Adam Jonca, editado por Stratus.




O libro está escrito en inglés e consta de 96 páxinas nas que se engaden 206 fotos e 30 pérfiles en cor.
Esta é unha nova colección adicada os carros polacos, pero este primeiro número describe os carros franceses empregados polos polacos no período de 1918 a 1940.
Boa parte do libro está adicada o carro Renault FT-17 vendidos a Polonia no 1918, as suas variantes e os fabricados baixo licencia.
Describe a campaña de Polonia de 1939, no que está engadida a actuación dos carros Renault R35 mercados en 1939.
Finaliza o libro explicando o combate dos polacos en Francia no 1940 cos carros R35, R40 e H39.  

Moi recomendable para todos os que gusten dos carros franceses desta época.

viernes, 6 de mayo de 2011

SEVERSKY P-35A




Decidín que xa era hora de seguir o montaxe do P-35A.
É un dos meus proxectos históricos polas horas que lle adiquei e porque casi chegou a estar no esquecemento e pasar a historia como unha maqueta sin rematar.
Quixen facer tan complexo o montaxe que cheguei a un punto en que non supen continuar. E iso que só estaba nos interiores da cabina.
As últimas fotos que teño datan do 2005 e foron feitas por Miguel Castro Urresti durante o concurso de Escala, quedando o montaxe un pouco máis avanzado do que se pode ver nas imaxes.
Espero que isto non quede só en unha intención.








lunes, 2 de mayo de 2011

CONTINUANDO CO HOTCHKISS H35.

MELLORA DO TREN DE RODAXE

Considero que o conxunto de pezas que forman o tren de rodaxe son o peor desta maqueta, ademáis de existir uns incómodos expulsores de molde na parte interna das cadeas que son moi numerosos e visibles na zona das rodas tensora e tractora.




Con anterioridade mellorei a roda de reposto reducindo o seu diámetro e pegando unha tira fina de plástico para simular a banda de caucho.









Vendo o resultado decidín facer isto en tódalas rodas pero o estar estas integradas nas cadeas a solución pasaba por facer copias da de reposto, pero esto é unha tarefa que teño pendente.
É aquí donde entrou en escea o compañeiro Juan Manuel Alonso, de Vigo, que prestouse voluntario para facer as copias en resina. Dende aquí fago público o meu agradecemento con Juan pola gran axuda prestada.




Ademáis fixen os seis resortes e afinei a zona donde van estes aloxados. 







                                                           O cambio é evidente.





Agora toca limpar de restos as cadeas e detallar as duas rodas tensoras.