¿Dónde comprar? / Where to buy?

jueves, 28 de abril de 2011

REMATADO O CONCURSO...

...toca facer memoria e extraer todas aquelas datos, detalles e anécdotas acontecidas nesta edición e que xa forman parte da historia dos concursos celebrados polo Centro Cultural Escala.
No que a min respecta este certamen pasou sin pena nin gloria, como unha rutina, como si estas datas implicaran máis unha obligación ou un deber que un bo momento para disfrutar cos compañeiros. Razóns de motivo persoal e familiar fixeron que non rematara de conectar co concurso e poder disfrutar como en edicións anteriores.






Este ano a cousa non estivo mal e non nos podemos queixar para os tempos que “dín que corren”.
255 obras, entre concurso e exposición, presentáronse para disfrute de todos os que se  arrimaron polo Forum.
Quedamos un pouso lonxe da cifra do ano anterior. É que o 2010 deixou o  listón moi, moi alto tanto en número de obras coma na calidade das mesmas.
Como é costume tivemos concursantes distantes no espacio, pero en número menor que en outras edicións, salientando a participación dos nosos veciños portugueses que estiveron representados polo Núcleo de Modelismo de Espinho e o IPMS Maia con un importante número de modelistas e obras.
Vendo a procedencia das obras marca un claro predominio, como é lóxico, a franxa costeira, a zoa litoral dende Ferrol ata Oporto, establecéndose un eixo uo arco atlántico que curiosamente tamén ten a sua influencia no noso concurso.
Por outra parte non deixa de ser curioso que unha cidade como Santiago, que veu nacer os primeiros concursos de modelismo en Galicia, aporte tan poucos participantes, e máis tendo tanta proximidade e boas comunicacións entre as duas cidades.












A categoría de  aviación foi a máis numerosa destacando a escala 1/48 tanto por número como por calidade. Deste apartado saiu vencedora a mellor obra do concurso otorgada o excelente FW 200 Condor de Tomás de la Fuente.





Quen parece ser que quedaron bastante satisfeitos foron os participantes nas categorías de vehículos civiles. Notaron un aumento no número de obras que sin chegar o límite histórico si superou as derradeiras edicións. O éxito é deles porque ademáis de aportar as suas obras fan unha gran labor de difusión do concurso en internet para que ano tras ano vaia aumentando o número de obras nestas categorías.
Os vehículos militares estiveron ben representados nas escalas “grandes” quedando moi pobre de participación a miña querida escala 1/72.
A categoría de dioramas estivo moi ben representada na que pudemos disfrutar un ano máis dos espectaculares traballos de Oscar Tahoces.
Os barcos foron poucos. É unha lástima porque un concurso celebrado nunha cidade portuaria como A Coruña merece un bo número de obras adicadas a temática naval.








Salientar o buque La Palma que mantivo un pulso co FW Condor ata o último momento polo premio a mellor obra do concurso.




As figuras foron menos que na edición anterior pero quedou compensado pola calidade das mesmas.
Un ano máis estiveron presentes as obras do ferreiro de Pontecesures Alfredo Manteiga (como se nota que varro para a casa) que con gran habilidade traballa os metais  para facer unhas obras cheas de beleza e orixinalidade.
Tamen quero destacar a réplica de unha locomotora de vapor enteiramente realizada en metal e que pertence a un modelista de Bamio, Vilagarcía.
Véxome na obriga de destacar a dous modelistas, dous rapaces que estiveron no concurso. Son Juan Orcajo Garea, de Valladolid, que nos acompañou por segundo ano coas suas figuras e Luis Piñeiro Castro, de Vilagarcía, que competía por primeira vez no apartado Junior. Duas máquinas estes dous, menudo par. Foron varias as persoas que salientaron a calidade das suas obras. Non se poden comparar porque Luis está empezando e só ten 15 anos, e Juan xa ten a sua experiencia. Pero o loro, temos que estar atentos a evolución deste rapaces que seguro darán moito de que falar.

Durante a celebración do concurso tamén tivemos erros, despistes e algún que outro olvido como me pode pasar a mín o escribir esta crónica persoal do que foi o concurso.
Seguro que me esquezo de mencionar algo e pido disculpas pero, como xa comentei no principio, este non foi o meu mellor ano e esta é a miña visión particular do concurso que non ten que ser coincidente coa visión xeral feita pola totalidade da organización.
Dentro dos posibles erros da organización quero mencionar algo por ser o receptor das queixas. Resulta que tivemos unhas incómodas visitantes en forma de goteiras. A estas non se lle ocurreu otra cousa que ter como diana as mesas do fondo. Puxéronse unhas antiestéticas papeleiras con bolsas para atrapar as intrusas pero esto desluceu os traballos alí presentados. Recibidas as queixas, o cal agradecemos, trataremos no posible que esto non volva a pasar no caso de confirmarse mal tempo durante a celebración do certamen.

Para rematar quero ter unhas palabras de lembranza para Antonio Santos e Juan José Dopico, excelentes compañeiros  e modelistas, que por desgracia non poideron acompañarnos. Estaredes sempre presentes na nosa memoria.


¡Moitas gracias a todos!



REMATADO O CONCURSO...
...xa está en marcha o XV CIM Escala 2012.


¡Saudos!




lunes, 18 de abril de 2011

¡¡¡ATENCIÓN!!!

Está a punto de comezar o XIV Certamen Internacional de Modelismo Escala.
Este xoves, día 21 de Abril, abrimos o concurso de modelismo coa recepción de obras no Forum Metropolitano de A Coruña.
Podedes entregar as vosas maquetas durante o día do xoves ou o venres pola mañán. A exposición o público das obras presentadas terá lugar o venres pola tarde e todo o día do sábado.
Lembrade que a entrega de premios celebrarase o sábado pola mañán.
Un ano máis a organización fixo un gran traballo e ten postas moitas ilusións nesta nova edición  para  que sexa todo un éxito de participantes e público.

¡¡Vémonos en Escala!!

jueves, 7 de abril de 2011

MANSHU Ki-79a DESPOIS DOS ÓLEOS.

Despois dunhas sesións de óleos aquí está o resultado. 
O tono empregado foi unha mistura de siena tostada e negro, ambos de Titán, predominando o siena para a parte inferior e o negro para as superficies superiores.
Diluidos con disolvente de Humbrol para esmaltes en duas proporciones diferentes, ademáis de dispoñer de unha pequeña cantidade de disolvente limpo para retocar ou retirar os excesos.







lunes, 4 de abril de 2011

DODGE WC 51 EN FEGACLASIC

Durante a edición deste ano de Fegaclasic puden disfrutar da presencia dun Dodge WC 51, un clásico dos vehículos aliados na II Guerra Mundial, que forma parte da colección privada de Manuel Arenas da cidade de A Coruña.



V EDICIÓN FEGACLASIC

Os pasados días 2 e 3 de abril celebrouse en Pontecesures, Pontevedra, a V edición da feira galega dos profesionais e afeccionados ao vehículo clásico e antigo organizada pola Asociación Cultural Mirándolle os Dentes.