¿Dónde comprar? / Where to buy?

lunes, 28 de marzo de 2011

PINTANDO O MANSHU Ki-79a (2).

Aquí tendes os derradeiros avances no proceso de pintura.
Nestes momentos xa están aplicados os óleos e falta algún retoque para facer algunha foto.
As fotos están organizadas según o proceso de traballo e non engado ningunha nota aclaratoria porque creo son de doada comprensión.
Os símbolos en forma de frecha son as calcas da maqueta, moi boas por certo. Están colocadas sobre un par de mans de future aplicadas a pincel.




















viernes, 25 de marzo de 2011

TERREO PARA O MANSHU Ki-79a

Seguindo co proceso no Manshu Ki-79a agora toca mostrar o terreo sobre o que pretendo presentar a maqueta.

Esta feito sobre a base dunha vitrina do recentemente desaparecido Antonio Santos, excelente persoa que nos acompañaba nos concursos de Galicia e Portugal coa sua tenda de maquetas.



jueves, 17 de marzo de 2011

GALERÍA PERSOAL

¡Xa era hora!

Por fín esta actualizada a galería despois de engadir as imaxes do P40.
Por unha cousa ou por outra non aparecía o momento oportuno para poder facer unas poucas fotos.

As imaxes están organizadas por orde cronolóxico e podedes atopar as pezas que teño rematadas dende o Jeep SAS ala polo ano ¿87? ata o Panzer III do ano 2010.
Non é moi extensa pero é o que hai.
Polo camiño quedaron invertidas moitas horas en maquetas en distintas fases de construcción. Están todas conservadas esperando o momento de gracia para retomar o traballo. A verdade é que tamén podería facer una galería cos traballos en proceso.
Tamén existiron momentos de sequía modelística motivados por falta de interés ou por estar adicado a outras cousas.
A cousa cambiou cando me dixo o meu compañeiro Tomás "- no tienes c.....s a terminar una maqueta para Escala" referíndose o concurso que celebramos en Semana Santa. Estas palabras soaron dentro de mín coma un lostregazo e despertaron as miñas ansias por montar maquetas, retomando o traballo co Bf 109E.

Espero que esta motivación siga por moito tempo e poida engadir máis traballos para que vai medrando a galería.



                                                 VER GALERÍA

viernes, 11 de marzo de 2011

NOVOS DEWOITINE D520 DE RSMODELS

Gran sorpresa a que levei cando atopei na páxina de RS Models o anuncio dun novo Dewoitine D520 a 1/72 que según parece sairá neste mes de marzo.
Presentan tres caixas que se corresponden con decoracións francesa de 1940, búlgara e da Luftwaffe.



PINTANDO O MANSHU Ki-79a.

Despois de ter aparcada esta maqueta durante casi dous anos, no que soamente rematei algún pequeno detalle pendente, decidín poñer o proxecto de novo en marcha.                 








miércoles, 9 de marzo de 2011

MANSHU Ki-79a

RS Models 1/72.




Esta maqueta xunto co Ki-27 de ICM formaron parte de un proxecto para montar duas maquetas o mesmo tempo sin complicarme en melloras e detallados.
As diferencias entre os dous aparatos son mínimas xa que o Ki-79 era a versión de entrenamento do Ki-27, sendo as principais un motor e carenado distintos, ausencia da parte posterior da carlinga e reducción no armamento a unha soa ametralladora. Desta maneira a búsqueda de información tamén é máis doada, extraida principalmente do libro de Kagero adicado o Ki-27.






                                                Ver proceso de montaxe.


O proxecto quedou aparcado e con un par de detalles por rematar cando me centrei na pintura do Ki-27.

lunes, 7 de marzo de 2011

ARTIGO DO JEEP WILLYS EN HOBBYWORLD

No número 121 da revista Hobbyworld (xullo do 2010) aparece o meu primeiro artigo nunha publicación, onde explico o proceso de montaxe e pintura do Jeep Willys de Airfix a 1/72 e a sua correspondente base de ambientación.
Dende aquí quero dar as gracias a todas as persoas que fan posible esta revista por darme esta oportunidade.


                                              Contido Hobbyworld nº 121

jueves, 3 de marzo de 2011

Máis avances no Hotchkiss H35.

Aquí vos deixo unhas imaxes co resultado dos últimos traballos para rematar a barcaza no Hotchkiss H35. A parte principal centrouse na reproducción das ferramentas. Como podedes apreciar o pico está sustituido por un feito integramente.
Agora toca comenzar o detallado do tren de rodaxe, que ten toda a pinta de ser un traballo complicado.






Un par de imaxes reais do artefacto en cuestión.




martes, 1 de marzo de 2011

En proceso... Hotchkiss H35

Esta maqueta comenceina tras o concurso de Redondela do 2010.
Trátase do pequeno carro francés Hotchkiss H35 de RPM a 1/72. Sorprendeume bastante sobre todo polo bo encaixe das pezas. De momento non está rematada a montaxe, na que engadín ou mellorei algún dos detalles.








CARTEL CIM ESCALA 2011


    
Un ano máis o Centro Cultural Escala edita o cartel do seu certamen de modelismo 
¡e con este xa son 14 edicións!                                                                        
Coma sempre o diseño está feito polo noso compañeiro Antonio Ramil.       
Na base do cartel podedes ver todos os colaboradores deste ano.    
        


 

XIV CERTAMEN INTERNACIONAL DE MODELISMO ESCALA

CIM ESCALA 2011


A primeira entrada no blog quero adicarlla o Certamen Internacional de Modelismo Escala que cumple este ano a sua XIV edición, e que está organizado pola asociación a que perteñezo.
Tera lugar os vindeiros 22 e 23 de Abril no Forum Metropolitano de A Coruña.