¿Dónde comprar? / Where to buy?

domingo, 15 de mayo de 2011

DOCUMENTACIÓN.

Doulle moita importancia a documentación en forma de libros e revistas. Tanto é así que invirto máis en documentarme que na compra de novas maquetas e accesorios.
Sempre que o tempo mo permite e fago algunha saida de “compras” visito librerías e papelerías que actualizan con novidades os apartados que me interesan. E dentro das tendas que visitan os concursos teño máis preferencia polo papel que polo plástico.

No pasado concurso de Escala sumei un novo volumen a miña biblioteca, mercándolle a Big Cat Modelismo o libro Polish Tracks and Wheels nº1 - French Tanks in the Polish Army, do historiador polaco Adam Jonca, editado por Stratus.




O libro está escrito en inglés e consta de 96 páxinas nas que se engaden 206 fotos e 30 pérfiles en cor.
Esta é unha nova colección adicada os carros polacos, pero este primeiro número describe os carros franceses empregados polos polacos no período de 1918 a 1940.
Boa parte do libro está adicada o carro Renault FT-17 vendidos a Polonia no 1918, as suas variantes e os fabricados baixo licencia.
Describe a campaña de Polonia de 1939, no que está engadida a actuación dos carros Renault R35 mercados en 1939.
Finaliza o libro explicando o combate dos polacos en Francia no 1940 cos carros R35, R40 e H39.  

Moi recomendable para todos os que gusten dos carros franceses desta época.