¿Dónde comprar? / Where to buy?

lunes, 2 de mayo de 2011

CONTINUANDO CO HOTCHKISS H35.

MELLORA DO TREN DE RODAXE

Considero que o conxunto de pezas que forman o tren de rodaxe son o peor desta maqueta, ademáis de existir uns incómodos expulsores de molde na parte interna das cadeas que son moi numerosos e visibles na zona das rodas tensora e tractora.




Con anterioridade mellorei a roda de reposto reducindo o seu diámetro e pegando unha tira fina de plástico para simular a banda de caucho.









Vendo o resultado decidín facer isto en tódalas rodas pero o estar estas integradas nas cadeas a solución pasaba por facer copias da de reposto, pero esto é unha tarefa que teño pendente.
É aquí donde entrou en escea o compañeiro Juan Manuel Alonso, de Vigo, que prestouse voluntario para facer as copias en resina. Dende aquí fago público o meu agradecemento con Juan pola gran axuda prestada.




Ademáis fixen os seis resortes e afinei a zona donde van estes aloxados. 







                                                           O cambio é evidente.





Agora toca limpar de restos as cadeas e detallar as duas rodas tensoras.